Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Vizoño-Vilacova (Abegondo-A Coruña), para ser notificado por comparecencia da resolución dun recurso contra as bases definitivas.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a José Barros Vázquez, propietario nº 25 da zona de concentración parcelaria de Vizoño-Vilacova (Abegondo-A Coruña), para ser notificado da resolución dun recurso contra as bases definitivas da devandita zona, que o afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro da resolución, o interesado poderá comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, consonte o establecido nos artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que xulguen pertinente.

A Coruña, 4 de abril de 2016

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña