Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13636

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 4 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0170/2016-PPM e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0170/2016-PPM e sete máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 4 de abril de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0170/2016-PPM.

Persoa interesada: Alfonso Seijo López.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Hostal, 9, baixo, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0189/2016-PPM.

Persoa interesada: Jaime Carballo Ríos.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Areal, 34, 1º I, Muxía.

Expediente: PSC-CO-0234/2016-PPM.

Persoa interesada: José Antonio Borja Pérez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: O Portiño, 33, baixo, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0316/2016-PPM.

Persoa interesada: Daniel Marius Ciupea.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Nove de Agosto, Nm/km 73, Ribeira.

Expediente: PSC-CO-0321/2016-PPM.

Persoa interesada: María Faro Millán.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Gavoteira, 68, portal 2, A Pobra do Caramiñal.

Expediente: PSC-CO-0324/2016-PPM.

Persoa interesada: Fernando Andón Yáñez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avenida Vilaboa, 127, 1º S, Culleredo.

Expediente: PSC-CO-0325/2016-PPM.

Persoa interesada: Francisco Bermúdez Camiño.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Ponte, 12, 1º, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0342/2016-PPM.

Persoa interesada: Gheorghe Catalín Puiac.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Principal, 133, 1º, Boiro.