Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2016 pola que se convoca a contratación da xestión de servizos públicos na modalidade de concerto para a reserva e ocupación de prazas de atención residencial terapéutica para persoas con discapacidade intelectual e enfermidade mental asociada (tramitación documentalmente simplificada) (expediente PA 7/2016).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfono: 981 54 56 50/981 54 69 87.

4º. Fax: 981 54 56 63.

5º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

6º. Data límite para a obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: PA 7/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición: reserva e ocupación de prazas de atención residencial terapéutica para persoas con discapacidade intelectual e enfermidade mental asociada.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: toda a Comunidade Autónoma.

e) Prazo de execución/entrega: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2016.

f) Admisión de prórroga: si, por períodos máximos de 3 anos ata un máximo de 20 anos.

g) CPV (referencia nomenclatura): 85310000 Servizos de asistencia social.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: ver cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: vinte e dous millóns setecentos noventa e tres mil catrocentos euros (22.793.400 €).

5. Orzamento base de licitación:

a) O orzamento da licitación ascende á cantidade de cincocentos vinte cinco mil douscentos oitenta euros (525.280 €), ao cal se lle engaden vinte e un mil once euros con vinte céntimos (21.011,20 €) que corresponden ao IVE (4 %), o que fai un total de cincocentos corenta e seis mil douscentos noventa e un euros, con vinte céntimos (546.291,20 €).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación ou da parte proporcional correspondente ao número de prazas das que resulte adxudicatario, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.4.7 do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público, cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura dos sobres B: acto público, apertura da documentación non avaliable mediante fórmulas.

Apertura dos sobres C: acto público, apertura da documentación avaliable mediante fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres A, B e C.

10. Gastos de publicidade: 10,82 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia, que serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=25800

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2016

P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social