Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 31 de marzo de 2016 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 15R001-110-2016 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59 sen que esta se puidese practicar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Protección ao Consumidor.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os Servizos Centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1, 5, baixo, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2016

Sol Mª Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 15R001-110-2016.

Interesado: Jesús López Vilariño (administrador de Automoción Tobal Cangas, S.L.).

CIF/NIF: 35245731W.

Acto notificado: acordo de iniciación.

Expediente: 15R001-112-2016.

Interesado: Jesús López Vilariño (administrador de Automoción Talleres Tobal Móvil, S.L.).

CIF/NIF: 35245731W

Acto notificado: acordo de iniciación