Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13640

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 17 de marzo de 2016, do Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de incoación do expediente de danos RD/PO-220/2015 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que se citan a seguir as notificacións de incoación de expedientes de danos instruídos por infraccións da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (DOG núm. 132, do 12 de xullo).

Nº de expediente: RD/PO-220/2015.

Denunciada: Patricia Comesaña Rodríguez.

Enderezo: estrada Camposancos, nº 198, 3º esqda., Vigo (Pontevedra).

Nº de expediente: RD/PO-243/2015.

Denunciado: Francisco J. Lobato Catoira.

Enderezo: lg. Sta. Marta de Arriba, nº 63, 3º E, Santiago de Compostela (A Coruña).

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte día ao da publicación deste edicto para poderen examinar os expedientes no Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (rúa Fernández Ladreda, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra) e presentar ante o citado servizo as alegacións que consideren pertinentes.

Pontevedra, 17 de marzo de 2016

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra