Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx. 13343

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (963/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 963/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Blanco Paz contra Esabe Vigilancia, S.A. e contra Forensic Solutions, S.L.P. en calidade de administrador concursal e contra o Fogasa sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza co número 40/2016 en data 17 de marzo de 2016 cuxo fallo é do teor literal seguinte:

«Que estimando substancialmente a demanda interposta por Carlos Blanco Paz, contra Esabe Vigilancia, S.A., Forensic Solutions, S.L.P., e Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada Esabe Vigilancia, S.A. a aboarlle ao demandante a suma de 2.557,08 euros polos conceptos sinalados no feito probado cuarto desta resolución, máis o xuro do artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; e debo condenar e condeno a Forensic Solutions, S.L.P., na súa soa condición de administradora concursal, a estar e pasar pola devandita declaración.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndoos saber que fronte a esta non cabe recurso (artigo 191.2).

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A. en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza