Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx. 13339

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (888/2015).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 888/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yudy Esther Estremor Marmol contra a empresa Matogrande Hostelería, S.L.; Miravos Galicia, S.L. e o Fogasa, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución din:

«Sentenza.

A Coruña, vinte e un de marzo de dous mil dezaseis.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, logo de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 888/2015, nos cales é parte dun lado, como demandante, Yudi Esther Estremor Marmol, asistida por José Benito García Ares, e como demandados, Miravos Galicia, S.L., representada por Óscar Manuel Barros Vázquez, asistido polo letrado Marcos Gende Periscal, e Matogrande Hostelería, S.L., que non comparece, con intervención procesual do Fogasa, que non comparece, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolución:

Que, aceptando a demanda interposta por Yudy Esther Estremor Marmol, debo declarar e declaro improcedente o cesamento efectuado, e condeno a entidade Miravos Galicia, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 1.010,76 €. En caso de que opte pola readmisión, a traballadora terá dereito aos salarios de tramitación que ascenden a 73,51 €/día. Desas cantidades responderá solidariamente Matogrande Hostelería, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Matogrande Hostelería, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de marzo de 2016

A secretaria xudicial