Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx. 13341

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (248/2013).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 248/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Rodríguez Lorenzo contra Sefogas, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a Resolución do 15 de marzo de 2016 contra a que se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Sefogas, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de marzo de 2016

Letrado da Administración de xustiza