Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx. 13452

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cooperativa de Criadores de Frisón de A Coruña, Cofrisor, S. Coop. Ltda.

ANUNCIO de liquidación.

En cumprimento do previsto no artigo 94.2 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral extraordinaria que tivo lugar o día 16 de marzo de 2016, coa asistencia de quórum suficiente, na cal se cumpriron todos os requisitos legais e estatutarios para a súa celebración e adopción de acordos, aprobouse por unanimidade dos asistentes o balance final de liquidación, así como a proposta de distribución do activo, que previamente foi censurado polos interventores.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2016

Andrés Formoso Vázquez, Manuel Antelo Vilariño e Luís Seoane Labandeira
Liquidadores