Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx. 13451

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2016, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 40/2016.

Unha vez recibido na CRTVG o escrito do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, no cal se solicita a remisión do expediente administrativo que motivou a apertura do procedemento abreviado 40/2016, iniciado por instancia de Ana Clotilde Lois Gómez contra a Resolución ditada polo director xeral da CRTVG o 4 de decembro de 2015 pola que se desestima o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 13 de outubro de 2015, da Dirección Xeral da CRTVG, pola que se modifica o anexo á Resolución do 24 de xuño de 2012 pola que se dá por rematado o proceso selectivo e se proclaman os seleccionados con carácter definitivo no mencionado procedemento, a Dirección Xeral da CRTVG

RESOLVEU:

Ordenar a remisión do expediente ao xulgado e, en aplicación do artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse todos os interesados para que poidan comparecer como demandados no procedemento de referencia no prazo de nove (9) días, contados desde o día seguinte ao da recepción desta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2016

Jorge Varela Fernández
Director de Recursos Humanos