Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx. 13415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona de concentración parcelaria de Val de Alfoz (Alfoz).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Val de Alfoz (Alfoz) e unha vez resoltos os recursos presentados, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural resolveu dar posesión provisoria dos novos predios, e establecer como data límite para todos os predios o 15 de abril de 2016, que é obrigatoria para todas as persoas interesadas. No caso de que algún ou algunha propietario/a non permita a toma de posesión dos predios de substitución no prazo indicado, será obxecto, logo de apercibimento, de compulsión directa, tal e como establece o artigo 45 da Lei de concentración para Galicia, e sen prexuízo das sancións que se poidan impor conforme o disposto nos seus artigos 69 e seguintes.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, as persoas interesadas poderán reclamar, ante esta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, 1º baixo, Lugo, xuntando ditame pericial, sobre diferenzas superiores ao dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración, no prazo de sesenta días naturais, contados desde o 16 de abril de 2016.

Así mesmo, comunícase que a posesión dos predios de substitución outórgalles ás persoas que no acordo de concentración figuren como adxudicatarias os medios de defensa establecidos nas leis.

En relación coas árbores existentes nos predios, recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre a persoa achegante e a adxudicataria. No caso contrario, poderán ser retiradas polos/as propietarios/as das parcelas de contribución no prazo establecido para a toma de posesión, logo da petición ao Servizo de Montes do preceptivo permiso e informe favorable do Servizo de Conservación da Natureza, no caso de seren especies autóctonas protexidas, e demais permisos e autorizacións que, segundo o caso, estableza a normativa vixente. Transcorrido o referido prazo, enténdese que pertencen ao/á propietario/a do novo predio.

Lugo, 1 de abril de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo