Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx. 13417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2016 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto documentalmente simplificado cun criterio de adxudicación (prezo) e trámite ordinario da licitación, para a contratación do servizo, non suxeito a regulación harmonizada, para a aplicación de casca de eucalipto como medida fronte á proliferación de cianobacterias no encoro de Caldas de Reis (clave OH.036.1105).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Augas de Galicia.

2º. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

4º. Teléfono: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

5º. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

6º. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augas.cmati.xunta.es/

8º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: OH.036.1105.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición: aplicación de casca de eucalipto como medida fronte á proliferación de cianobacterias no encoro de Caldas de Reis (Pontevedra).

c) Lugar de execución: Caldas de Reis (Pontevedra).

d) Prazo de execución: vinte e catro (24) meses.

e) Admisión de prórroga: si. Posibilidade de prórroga contractual ata un máximo de vinte e catro (24) meses.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 77314000-4.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria da licitación.

b) Procedemento: aberto cun criterio de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: o único criterio de valoración é o prezo, tal como se establece no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil de contratante.

4. Valor estimado do contrato: 63.546,00 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 31.773,00 euros. Importe total: 38.445,33 euros.

6. Garantías exixidas. Provisoria: non se exixe. Definitiva (%): 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): grupo O, subgrupo 6, categoría 1 ou grupo O, subgrupo 6, categoría A.

b) Condicións mínimas de solvencia: a solvencia económica e financeira acreditarase coa cifra anual de negocios e a técnica e profesional coa relación dos servizos realizados cun importe mínimo, para cada unha delas, de 4.765,95 euros nos termos expresados no cadro de características do contrato e na cláusula 6.1.4.1.2 do prego administrativo.

c) Outros requisitos específicos: o licitador deberá manifestar, mediante declaración responsable asinada, o compromiso de adscribir á execución do contrato os medios que se relacionan coas súas condicións e requisitos no anexo ao cadro de características do contrato.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 2 de maio de 2016.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que se vai presentar no sobre A.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Augas de Galicia, no seu rexistro e nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres, e das 9.00 ás 14.00 horas).

2º. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15706.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: quince (15) días, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre B.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar e do sobre B referido á documentación da proposición acreditativa do único criterio de adxudicación, proposición económica, realizaranse conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira, nº 18, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15706.

d) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 13 de maio de 2016 ás 9.00 horas.

10. Gastos de publicidade: por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

11. Outras informacións.

a) Modificacións previstas: prevese no contrato a posibilidade da súa eventual modificación á baixa nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante fax ou telegrama, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, xunto coa tradución oficial.

d) Forma xurídica de agrupación de empresas, de ser o caso: unión de empresarios.

e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Apertura e valoración das ofertas do sobre B: realizarase na data, na hora e no lugar sinalados neste anuncio. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil de contratante.

g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A e B, así como da adxudicación e formalización do contrato, faranse públicos no perfil de contratante.

h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2016

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia