Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx. 13397

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2016/41-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS CTC Mourelos-Carballa.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 826 metros de lonxitude, con orixe e final na arqueta proxectada, realizando empalmes secos coa VLG802 Noalla, no tramo VLG8021651, unha vez que entre e saia do CT proxectado Mourelos-Carballa. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado na Lanzada, Noalla, Sanxenxo.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado, nesta xefatura territorial, na avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 14 de marzo de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

– Predio 1. Concello: Sanxenxo; lugar: A Lanzada, Noalla; referencia catastral: 36051A020003220000FZ; titular: Manuel Domínguez Piñeiro; afección: 5,12 m2 de solo para dous metros de liña subterránea.

– Predio 2. Concello: Sanxenxo; lugar: A Lanzada, Noalla; referencia catastral: 36051A020003230000FU; titular: Manuel Domínguez Piñeiro; afección: 12,71 m2 de solo para cinco metros de liña subterránea e 14,02 m2 para o centro de transformación.

– Predio 3. Concello: Sanxenxo; lugar: A Lanzada, Noalla; referencia catastral: 36051A020003240001GJ; titular: Manuel Domínguez Piñeiro; afección: 2,79 m2 para o centro de transformación.