Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx. 13399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2016/39-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMT TRO-701 e reforma CT Santa Clara.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ de 1.207 metros de lonxitude, con orixe no paso aerosubterráneo que se vai realizar no apoio 31 da LMT TRO-701, onde se fai a derivación aos CC.TT. Penis, Ramón Nieto, 2 e Penis de Abaixo, e final no centro de transformación (CT) existente Viguetas despois de facer entrada e saída no CT Santa Clara. Reforma do centro de transformación Santa Clara, situado na rúa Penis de Abaixo, Vigo, consistente na substitución de toda a aparamenta de media tensión por un novo CT prefabricado compacto manobra exterior 2L-1P, cun transformador de 400 kVA con RT 15 kV/400 V, que se vai instalar na caseta de pedra existente do anterior CT Santa Clara.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 14 de marzo de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra