Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Título: reforma LMTA VAR803B Rúa Nova-Friáns, derivación Polígono Tremoedo.
Situación: Vilanova de Arousa.
Descricións técnicas:
Actuación 1.-LMT aérea a 20 kV con condutor LA-110 de 1.078 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente CH-1000-11, nº 56-4, da LMTA rúa Nova-Friáns, e final no apoio existente CH-1600-11, nº 56-11, desta.
Actuación 2.-LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 32 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-3000-18, nº 56-9, e final no apoio existente HV-1000-15, nº 56-9-1.
A instalación está situada no lugar de Deiro, Tremoedo, Vilanova de Arousa.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:
Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000 será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 14 de marzo de 2016
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra