Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx. 13391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución punto de entrega de gas natural a Gas Galicia SDG, S.A., de 2.500 Nm3/h para subministración en MOP 4 bar a Outeiro de Rei, promovido pola empresa Gas Natural Redes Distribución Gas SDG, S.A. (expediente IN627A 2015/28-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionaria: Gas Natural Redes Distribución Gas SDG, S.A., con CIF A66560152 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

A Consellería de Industria e Comercio, mediante Orde do 12 de marzo de 1993, outorgou a Enagás, S.A. a concesión administrativa para a prestación do servizo público de condución e subministración de gas natural para usos industriais na provincia de Lugo, afectando os termos municipais de Vilalba, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Lugo e Cospeito, que se publicou no Diario Oficial de Galicia o 5 de abril de 1993.

Como consecuencia da escisión de activos realizada por Enagás, S.A. a favor de Gas Natural SDG, S.A., levada a cabo en 1999, esta última empresa pasou a ser titular das correspondentes concesións administrativas, así como das infraestruturas gasistas aprobadas e executadas ao abeiro delas. A este respecto, a Dirección Xeral de Industria ditou resolución, con data 20 de xaneiro de 2000, pola que se autorizou a transmisión de instalacións situadas nesta comunidade autónoma, de acordo coa operación de escisión da rama de distribución de gas levada a cabo por Enagás, S.A. a favor de Gas Natural SDG, S.A.

Así mesmo, os activos de distribución de gas natural que ata o 30 de setembro de 2005 pertencían a Gas Natural SDG, S.A. foron adquiridos por Gas Natural Distribución SDG, S.A., sucedendo esta nova empresa a Gas Natural SDG, S.A. na actividade de distribución de gas natural.

O 25 de setembro de 2015 esta dirección xeral ditou resolución pola que se autoriza a transmisión de varios activos de transporte secundario e de distribución de gas natural de alta presión, pertencentes a Gas Natural Transporte SDG, S.L. e Gas Natural Distribución SDG, S.A., respectivamente, a favor de Gas Natural Infraestructuras Distribución Gas SDG, S.A. coa consecuente subrogación dos dereitos e obrigas asociados.

Posteriormente, a sociedade Gas Natural Infraestructuras Distribución Gas SDG, S.A. cambiou de denominación pasando a ser Gas Natural Redes Distribución Gas SDG, S.A.

O 21 de decembro de 2015 Gas Natural Redes Distribución Gas SDG, S.A. solicitou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do punto de entrega de gas natural a Gas Galicia SDG, S.A. de 2.500 Nm3/h para subministración en MOP 4 bar a Outeiro de Rei (Lugo).

Obxecto da petición:

O obxecto da petición é a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución denominado «Punto de entrega de gas natural a Gas Galicia SDG, S.A. de 2.500 Nm3/h para subministración en MOP 4 bar a Outeiro de Rei», que permita dispoñer, a partir do gasoduto de transporte existente no concello, dunha rede de inicio para subministración con gas natural no concello de Outeiro de Rei a MOP 4 bar.

Descrición das instalacións:

As instalacións do proxecto son:

– Conexión de entrada á ERM en MOP 16 bar con 6,5 m de tubaxe de aceiro DN 4” de 3,6 mm de espesor e calidade GR L245 3PN.

– Estación de regulación e medida (ERM), modelo MOP 16-4 bar Q 2.500-D aéreo.

– Extensión de rede en MOP 4 bar de 7 m de PE DN 160 que remata en cap DN160.

– Instalacións auxiliares:

- Válvula de entrada á ERM de DN 4”.

- Válvula de saída á ERM de DN 160.

Termo municipal: a solicitude afecta o termo municipal de Outeiro de Rei, na provincia de Lugo.

Orzamento: trinta e seis mil trescentos tres euros con oitenta e cinco céntimos (36.303,85 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de vinte (20) días a partir da data de publicación deste anuncio, e poderán examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas