Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 11 de abril de 2016 Páx. 12976

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 127/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 127/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutual Midat Cyclops (MC Mutual) contra Recursos Marinos de Galicia, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

Decreto.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, dezaseis de marzo de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Mutual Midat Cyclops (MC Mutual) presentou demanda de execución da sentenza número 69/2015, do 5 de marzo, ditada por este órgano xudicial no procedemento ordinario 725/2011, en reclamación de 8.940,53 euros de principal, máis outros 894,05 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, fronte a Recursos Marinos de Galicia, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, con responsabilidade subsidiaria do INSS para o caso de insolvencia da mercantil polas cantidades anticipadas en concepto de asistencia sanitaria e indemnizacións por lesións permanentes non invalidantes, que ascenden 5.841,33 euros.

Segundo. Por dilixencia de ordenación de data 25 de febreiro de 2016 deuse traslado a Mutual Midat Cyclops (MC Mutual) para alegacións sobre o escrito presentado polo Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social de data 24.2.2016, baixo apercibimento expreso de que, en caso de non formular alegación ningunha, no prazo conferido, se entendería que mostra a súa conformidade co alegado de contrario, e ditarase decreto de fin de execución e arquivamento do procedemento; transcorrido o prazo non se presentou ningunha alegación.

Fundamentos de dereito.

Único. En virtude do disposto no artigo 570 da LAC a execución forzosa só rematará coa completa satisfacción do acredor executante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

– Ter por rematado o presente procedemento de execución seguido por instancia de Mutual Midat Cyclops (MC Mutual) fronte a Recursos Marinos de Galicia, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Arquívese o presente procedemento e déase de baixa nos libros correspondentes.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e deberase indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación «recurso», seguida do «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O secretario xudicial.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Recursos Marinos de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2016

A secretaria xudicial