Con data do 23 de febreiro de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2016013AL-OU a supermercado Terramar, C.B., con CIF E-27757194, sito no Tinteiro-Matadoiro, 4, de Ourense.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a supermercado Terramar, C.B., con CIF E-27757194, sito no Tinteiro-Matadoiro, 4, de Ourense, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince días hábiles a contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido de dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e a eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Ourense, 10 de marzo de 2016
María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Expediente sancionador: 2016013AL-OU.
Interesada: supermercado Terramar, C.B.
DNI/NIF/CIF: E-27757194
Último enderezo coñecido: O Tinteiro-Matadoiro, 4, de Ourense.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) nº 852/04.
Tipificación: leve.
Sanción proposta: mil cincocentos euros (1.500 €).