Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro,(BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.
Denominación: modificación LP Montirón-tramo Ponte Chanca.
Situación: concello de Lugo.
Características técnicas:
1. LMT aérea con orixe no apoio 18 existente e final no apoio 19 proxectado tipo C-3000-18, cunha lonxitude de 206 metros en condutor LA-56.
2. LMT aérea con orixe no apoio 23-bis proxectado tipo C-3000-20 e final no apoio 25 existente, cunha lonxitude de 245 metros en condutor LA-56.
3. LMT subterránea con orixe no apoio 19 proxectado e final no apoio 23-bis proxectado cunha lonxitude de 232 metros en condutor RHZ1-150.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
Lugo, 16 de marzo de 2016
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo