Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 6 de abril de 2016 Páx. 12193

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (237/2015).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2015.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal número 237/2015, seguidos por instancia de Mercedes Suárez Galante, Mª del Rosario Pousa Llera e Diego Suárez Pousa, representados pola procuradora Sra. Goimil Martínez, baixo a asistencia letrada do Sr. Platero López de Turiso, contra Ignacio Tabuenca Ferrer, Mª Luz Villarino Nine e José Touceda Túñez, en situación de rebeldía procesual.

Resolución.

Estímase integramente a demanda presentada pola procuradora Sra. Goilmil Martínez, no nome e representación invocada e, en consecuencia, declárase o dereito dos demandantes a cobrar as rendas e cantidades relativas aos recibos que por contrato debían satisfacer os demandados e condénanse solidariamente os demandados a pagar a cantidade de tres mil corenta e catro euros e corenta e sete céntimos (3.044,47 €), máis os xuros legais desde a data de reclamación extraxudicial, así como ao pagamento das custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a interposición do devandito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 euros, o que deberá ser acreditado á presentación do recurso.

Así o acorda, manda e asina, M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Ignacio Tabuenca Ferrer, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2015

A secretaria xudicial