Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 5 de abril de 2016 Páx. 12090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cabana de Bergantiños (expediente IN407A 2014/109-1).

Expediente: IN407A 2014/109-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Instalación: LMT, CT e RBT Fontefría e anexo 1.

Concello: Cabana de Bergantiños.

Feitos.

1. O 1.8.2014 o promotor solicitou a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión aérea a CT Fontefría a 20 kV, cunha lonxitude de 1,790 km, con orixe no apoio nº 23 da LMT CBA-803, tramo entre a derivada ao CT Hormigones de Borneiro (expte.: 51699) e o CT Borneiro (expte.: 144/95), condutor tipo LA-56/54,6 mm2, e final no CT Fontefría (proxectado).

– Centro de transformación intemperie Fontefría, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Resolución información pública: 7.10.2014.

– DOG: 7.11.2014.

– BOP: 28.10.2014.

– Xornal La Voz de Galicia: 6.11.2014.

– Taboleiro de anuncios do Concello segundo o certificado da secretaría municipal do 2.12.2014.

Ao mesmo tempo realizáronse notificacións individuais aos titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

No certificado de exposición pública do Concello indícase que non se formularon alegacións.

4. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública foron presentadas as seguintes alegacións que, unha vez trasladas ao promotor, este respondeu:

– Ana María Pazos Pardiñas, mediante escrito do 13 de novembro de 2014, alega, en síntese, o seguinte:

Denuncia erros na cartografía empregada no proxecto. Presenta un levantamento topográfico.

Propón un trazado alternativo ao do proxecto, e presenta acordo con todos os novos afectados excepto un que é descoñecido.

– En escrito do 11 de maio de 2015, no que se valoran as alegacións presentadas por Ana María Pazos Pardiñas, Unión Fenosa Distribución, S.A., en síntese, manifesta o seguinte:

Foi presentado o anexo I ao proxecto en que se corrixen os planos e as afeccións.

Solicita que sexa rexeitada a proposta de trazado alternativo polo seguinte:

– Os novos afectados piden ser indemnizados, polo que se tería que facer a tramitación da expropiación para determinar o prezo xusto.

– Un dos novos afectados non deu o seu consentimento ao novo trazado.

– Non se acredita o cumprimento conxunto das condicións establecidas no artigo 162.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– O punto 1.5.1 da ITC-LAT 7 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 dispón: «As liñas eléctricas aéreas estudaranse seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto, no seu intento de lograr unha solución óptima para o conxunto da instalación, axustándose en todo caso ás prescricións que esta instrución establece. Evitaranse, no posible, os ángulos pronunciados, tanto en planta coma en alzado, e reduciranse ao mínimo indispensable o número de situacións reguladas polas prescricións especiais do número 5.3».

– Ana María Pazos Pardiñas, mediante escrito do 30 de xuño de 2015, propón un novo trazado alternativo que conta co consentimento do único afectado.

– Unión Fenosa Distribución, S.A., en escrito do 16 de xullo de 2015, valora o novo trazado alternativo solicitado e vén reiterarse no indicado no escrito do 11 de maio de 2015, en que indica, ademais, en síntese, o seguinte:

– Como ten resolto esa consellería en diversas ocasións, o solicitante da modificación do trazado é quen ten a obriga de acreditar o cumprimento conxunto das condicións establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, para que se deba proceder á modificación do trazado.

– A requirimento desta xefatura territorial, foi presentada por Ana María Pazos documentación adicional para poder avaliar as condicións establecidas no artigo 161 de Real decreto 1955/2000. Esta documentación foi presentada o día 15.2.2016.

5. Solicitouse o preceptivo informe aos seguintes organismos.

– Concello de Cabana de Bergantiños: consta informe favorable aceptado polo promotor.

– Augas de Galicia: consta informe favorable aceptado polo promotor.

– Telefónica: consta informe favorable aceptado polo promotor.

– Axencia Galega de Infraestruturas: consta informe favorable aceptado polo promotor.

– Deputación Provincial: non consta informe, polo que se considera aceptado o proxecto.

6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 34, do 16 de febreiro).

– Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 194, do 9 de outubro).

– Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 232, do 4 de decembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Na visita de campo realizada para examinar o lugar das instalacións non se apreciou, nas leiras sometidas a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

3. En relación coas alegacións formuladas por Ana María Pazos Pardiñas e coas manifestacións de Unión Fenosa Distribución, S.A., cómpre sinalar:

– O trazado alternativo foi analizado polos servizos técnicos desta xefatura territorial e concluíuse:

– O custo da variante é superior en máis dun 10 por 100 ao orzamento da parte da liña afectada pola variante.

– Dado que non se cumpren todos os requisitos do punto 2 do artigo 161 do Real decreto 1955/2000, o trazado alternativo proposto non debe considerarse unha limitación á constitución da servidume.

– O trazado alternativo debe ser rexeitado polo seguinte:

O punto 1.5.1 da ITC-LAT 7 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 dispón: «As liñas eléctricas aéreas estudaranse seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto, no seu intento de lograr unha solución óptima para o conxunto da instalación, axustándose, en todo caso, ás prescricións que esta instrución establece. Evitaranse, no posible, os ángulos pronunciados, tanto en planta coma en alzado, e reduciranse ao mínimo indispensable o número de situacións reguladas polas prescricións especiais do número 5.3».

O incremento de custo que supón a proposta alternativa vai en contra do principio de mínimo custo para o sistema fixado no punto 2 do artigo 39 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 10, do 14 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 17 de marzo de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña