Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 Páx. 12010

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO de licitación de obras por procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moaña.

2. Obxecto do contrato: asfaltado de camiños do concello de Moaña.

3. Prazo de execución: 2 meses.

4. Tramitación: ordinaria.

5. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso, único criterio de adxudicación, prezo.

6. Base ou tipo de licitación (anexo I 1.3 do PCAP): 229.634,74 €, IVE excluído.

7. Garantía provisoria: non se exixe.

8. Garantía definitiva: equivalente ao 5 % do importe da adxudicación (IVE excluído).

9. Obtención de información e documentación: nas dependencias da Secretaría Xeral do Concello de Moaña. As Barxas, 2, 36950 Moaña, Pontevedra. Teléfono: 986 31 01 00, fax: 986 31 01 04 e no perfil do contratante na páxina web do Concello
www.concellodemoana.org

10. Proposicións. Lugar e prazo de presentación: consonte establece a cláusula 10ª do PCAP: no Rexistro de Entrada do Concello de Moaña durante o prazo 26 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no último boletín en que apareza (BOP, DOG ou perfil do contratante). Documentación: cláusula 13ª do PCAP.

11. Capacidade para contratar: segundo establece a cláusula 6ª do PCAP.

Máis información nos pregos, que se poderán consultar en horario de oficinas na propia Casa do Concello e na páxina web do Concello (perfil do contratante
www.concellodemoana.org).

Moaña, 10 de marzo de 2016

Leticia Santos Paz
Alcaldesa