Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 Páx. 12006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación para os servizos multimedia a pacientes dos centros hospitalarios desta xerencia.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Estrutura de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Sección de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Sección de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Casetas de Administración, rúa Ramón Puga, nº 54.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Teléfono: 988 38 59 50.

5º. Fax: 881 54 70 69.

6º. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: AB-EIO1-15-004.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo especial.

b) Descrición: servizos multimedia a pacientes dos centros hospitalarios da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución:

1º. Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

2º. Hospital Comarcal de Valdeorras.

3º. Hospital de Verín.

e) Prazo de execución: quince (15) anos, computados desde a data de formalización.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 72315000-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto. Documentalmente simplificado.

c) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Canon:

a) Canon anual: 1.000,00 €.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 500,00 €.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do cuadraxésimo día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, rematará o día hábil seguinte).

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Estrutura de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

2º. Enderezo: Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, Hospital Santa María Nai, planta 3ª, rúa Ramón Puga, nº 56.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: publicarase no perfil de contratante.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: a data e a hora de apertura dos sobre B e C publicaranse no perfil de contratante: www.sergas.es

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Outras informacións: previamente á presentación das ofertas, os licitadores poderán visitar as instalacións en que se desenvolverá o servizo (ver cláusula 2.4.5 PCAP), para o que deberán necesariamente presentar solicitude nos dez (10) primeiros días naturales contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Fóra do dito prazo, non será admitida ningunha solicitude.

Ourense, 21 de marzo de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras