Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 Páx. 12002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a desistencia da licitación para a contratación da subministración sucesiva de tubos de extracción de sangue por baleiro con destino ás estruturas organizativas de xestión integrada, anunciada pola Resolución do 7 de decembro de 2015 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia número 246, do 28 de decembro), e pola que se anuncia nova convocatoria de licitación.

En cumprimento da legalidade vixente anúnciase a desistencia da contratación do procedemento anunciado pola Resolución do 7 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, e nova convocatoria do procedemento para a contratación da subministración sucesiva de tubos de extracción de sangue por baleiro con destino ás estruturas organizativas de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde (MI-EIC1-15-013).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

2º. Domicilio: paseo General Sir John Moore, 2, 1º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4º. Teléfono. Información de índole técnica: 981 17 80 00 (extensión 292 125) e información de índole administrativa: 981 17 80 73 e 981 17 80 34.

5º. Fax: 981 17 80 32.

6º. Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

d) Número do expediente: MI-EIC1-15-013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración sucesiva.

b) Descrición do obxecto: contratación da subministración sucesiva de tubos de extracción de sangue por baleiro con destino ás estruturas organizativas de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes: si, 9 lotes.

d) Lugar de entrega/execución: véxase punto 14 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: 24 mensualidades desde a formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

h) CPV: 33140000-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase punto 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato:

a) 3.924.074,54 € (tres millóns novecentos vinte e catro mil setenta e catro euros con cincuenta e catro céntimos).

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 1.635.031,06 € (un millón seiscentos trinta e cinco mil trinta e un euros con seis céntimos).

b) Importe total: 1.978.387,66 € (un millón novecentos setenta e oito mil trescentos oitenta e sete euros con sesenta e seis céntimos).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: si. Equivalente ao 5 % do orzamento de licitación do lote adxudicado, IVE non incluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso: non procede.

b) Solvencia:

Solvencia económica e financeira: véxase punto 16 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: véxase punto 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas o de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 9 de maio de 2016.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos ou anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mencionada mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 17 80 32.

c) Lugar de presentación: A Coruña.

1º. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Hospital Abente y Lago.

2º. Domicilio: paseo General Sir John Moore, nº 2, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: véxase punto 5.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Hospital Abente y Lago.

b) Enderezo: sala de sesións do Hospital Abente y Lago, paseo General Sir John Moore, nº 2.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Data e hora: as datas de realización de apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e do sobre C, relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil de contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 18 de marzo de 2016.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos