Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 Páx. 12012

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO da convocatoria para a provisión dunha praza de oficial de policía local.

No BOP de Pontevedra número 42, do 2 de marzo de 2016, publicáronse integramente as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a provisión dunha praza de oficial de policía local polo procedemento de concurso-oposición, promoción interna, con carácter de funcionario de carreira.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos no taboleiro de anuncios deste concello.

Nigrán, 3 de marzo de 2016

Juan A. González Pérez
Alcalde