Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 Páx. 11967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2016/031-1).

Expediente: IN407A 2016/031-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT CDR-803 Porta do Sol.

Concello: Valdoviño.

Características técnicas:

Reforma liña eléctrica de media tensión aérea CDR-803 a 20 kV, cunha lonxitude de 0,117 km, con orixe no apoio nº 18/6 existente da LMT CDR-803, no tramo da derivada ao CT Porta do Sol (expediente 7372), condutor tipo LA-30 mm2 (condutor existente) e final en apoio nº 18/7 proxectado, que substitúe o existente da LMT CDR-803, no tramo da derivada ao CT Porta do Sol (expediente 7372).

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,029 km, con orixe no paso de aéreo a subterráneo que se vai realizar no apoio nº 18/7 proxectado que substitúe o existente, da LMT CDR-803, condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no CT Porta do Sol (expediente 7372).

Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que acompaña a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se poidese realizar, e desta maneira dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 2 de marzo de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2016/031-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT CDR-803 Porta do Sol.

Concello: Valdoviño.

Predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Afección de solo en pleno dominio

Afección solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio

Afeccións

m2

ml. aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Souto Vizoso

Prado

Eduardo Díaz Fraga

18/7

9.0

6.0

18.0

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume subterránea en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume subterránea en m2.