Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 Páx. 11970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Neda (expediente IN407A 2016/034-1).

Expediente: IN407A 2016/034-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT CRN-707B, lugar do Poulo-Xuvia.

Concello: Neda.

Características técnicas:

Desmantelamento do tramo LMT CRN-707B entre o CT O Poulo e o CT A Muchiqueira, a 15 kV, nunha lonxitude de 0,322 km entre os apoios nº 7 e nº 12 de celosía metálica existente que se vai retirar no tramo entre o CT O Poulo (expediente 135/09) e o CT A Muchiqueira (expediente 202/09), condutor Pigeon/99,22 mm2 (que se vai retirar).

Liña de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,365 km, coa orixe en cela existente no CT O Poulo (expediente 135/09) e final en empalmes proxectados na LMTS CRN-707B, no tramo entre o CT O Poulo (expediente 135/09) e o CT A Muchiqueira (expediente 202/09), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 4 de marzo de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña