Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 Páx. 11972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2016/030-1).

Expediente: IN407A 2016/030-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: subestación San Pedro de Visma 66/15 kV, ampliación SSAA.

Concello: A Coruña.

Características técnicas:

Ampliación dos SSAA existentes no parque de 15 kV mediante a instalación dun segundo transformador de SSAA de 100 kVA e relación de transformación 15.000/400 V, conectado á semibarra 7BA2, na posicion que actualmente ocupa a liña 15 kV Casa del Agua, modificando a dita posición para a súa nova función. Dotarase a actual posición de SSAA de interruptor, para a cal se substituirá a cela 715 por outra con carreto extraíble e se instalará unha nova cela na semibarra 7BA1 para conectar a liña 15 kV Casa del Agua.

A maiores cambiarase o interruptor da posición de acoplamento por outro interruptor de maior intensidade nominal e substitúense os transformadores de tensión de barras 7BA2.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 4 de marzo de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña