Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 1 de abril de 2016 Páx. 11776

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (208/2015).

Francisco Rascado González, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo, polo presente edicto

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Ver_PDF fronte a Ver_PDF ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza

En Vigo, 28 de xaneiro de 2016.

Flora Lomo del Olmo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 7 desta e o seu partido, viu por si os presentes autos de xuízo ordinario seguidos ante este xulgado baixo o nº 208/2015, en que son parte demandante Ver_PDF, representado pola procuradora Carina Zubeldia Blein e parte demandada Ver_PDF.

Resolvo

Que estimando a demanda promovida pola procuradora Carina Zubeldia Blein en nome e representación de Ver_PDF fronte a Ver_PDF debo condenar e condeno a este a aboarlle a cantidade de 30.251,37 euros máis os xuros legais correspondentes desde a data da súa interposición, así como a retirar do que foi o domicilio común os seus obxectos e utensilios persoais logo de inventario e do modo determinado no contrato unido ao dito escrito reitor, con imposición das custas causadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte á notificación daquela.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade en Banesto na conta deste expediente 3561-0000-indicando, no campo “concepto” a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

En caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos desta ou de distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións, a data da resolución impugnada co formato DD/MM/AAAA.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O xuíz maxistrado»

E, encontrándose o demandado, Ver_PDF, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 29 de xaneiro de 2016

O secretario xudicial