Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 31 de marzo de 2016 Páx. 11712

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO, por procedemento aberto, para a contratación do servizo de organización de actividades deportivas municipais.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Arzúa.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de organización de actividades deportivas.

b) Nomenclatura: CPV-2008:92600000-7.

c) Lugar de execución: Arzúa.

d) Prazo de execución: dous (2) anos (poderase prorrogar por dous períodos anuais).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: varios criterios de valoración.

4. Orzamento.

a) Orzamento de licitación: 30.148,76 € + 6.331,24 € (21 % de IVE)= 36.480 €, coa distribución de anualidades establecida no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 5ª).

b) Revisión de prezos: non procede.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Departamento de Secretaría do Concello e no perfil do contratante
www.concellodearzua.org

b) Domicilio: rúa Santiago, nº 2.

c) Localidade e código postal: Arzúa 15810.

d) Teléfono: 981 50 00 00-981 81 50 01.

e) Telefax: 981 50 09 14.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Acreditación da solvencia económica e financeira, solvencia técnica e profesional: polos medios sinalados na cláusula 16ª, nº 4, letras a) e b), do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación: para seren valorados na forma indicada na cláusula 12ª do prego:

I) Criterios de valoración avaliables mediante xuízos de valor:

a) Memoria técnica: ata 20 puntos.

II) Criterios de valoración avaliables de forma automática mediante aplicación de fórmulas:

b) Oferta económica: ata 60 puntos.

c) Melloras ofertadas: ata 20 puntos.

– Cursos que completen a oferta deportiva municipal: ata 10 puntos.

– Melloras sobre equipamento deportivo: ata 10 puntos.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días contados desde o día seguinte ao de publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG ou BOP).

b) Documentación que cómpre presentar: a especificada na cláusula 11ª, nº 3, do prego de cáusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello.

10. Apertura das ofertas.

A mesa de contratación, ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións (se coincide en sábado, trasladarase a apertura ao seguinte día hábil), abrirá a documentación presentada nos sobres A. As datas de apertura –en acto público– dos sobres B e C anunciaranse previamente no taboleiro de anuncios do Concello e no perfil de contratante nos termos sinalados no correspondente prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de publicación dos anuncios de licitación: serán por conta do adxudicatario, ata un importe máximo de 1.500 euros.

Arzúa, 23 de marzo de 2016

José Luis García López
Alcalde