Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 31 de marzo de 2016 Páx. 11715

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de exposición pública do expediente relativo á proposta de modificación do convenio urbanístico asinado entre este concello e o Arcebispado de Santiago de Compostela para a realización de actuacións en Cures.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 26 de xaneiro de 2016, acordou tramitar a proposta formulada polo arcebispado de Santiago de Compostela de modificación do convenio urbanístico asinado co Concello de Boiro para a realización de diversas actuacións na aldea de Cures.

De conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente sométese a exposición pública co fin de que os interesados poidan presentar as alegacións e/ou suxestións que consideren oportunas durante o prazo de 20 días hábiles, prazo que se contará desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo da súa publicación simultánea nun dos xornais de maior difusión da provincia da Coruña.

Boiro, 8 de marzo de 2016

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde