Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 31 de marzo de 2016 Páx. 11706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2016 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, do expediente 403/16 e cinco máis.

Procedemento aberto e trámite ordinario.

• Obras:

Expediente nº: 403/16.

Obxecto: execución da fase 1 da adecuación de espazos interiores existentes no Edificio de Laboratorios da Facultade de Ciencias-Campus Lugo.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 322.337,62 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 9.670,13 euros.

Prazo de execución: tres meses.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Este expediente está incluído no Plan de actuación 2015-2016 do Campus Terra. Financiado polo convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela

• Servizos:

Expediente nº: 2016/CSEA1/000003.

Obxecto: mantemento do cableado de comunicacións da USC.

Localidade: Santiago de Compostela e Lugo.

Provincia: A Coruña e Lugo.

Importe de licitación: 89.400 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 2.682 euros.

Prazo de execución: dous anos.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares

• Subministracións:

Expediente nº: 2016/CSUA1/000002.

Obxecto: subministración de electricidade para as instalacións da USC.

Localidade: Santiago de Compostela, Lugo, Ferrol, O Courel e Vilagarcía de Arousa.

Provincia: A Coruña, Lugo e Pontevedra.

Importe de licitación: 2.913.619,62 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 87.408,59 euros.

Prazo de execución: un ano.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

O anuncio deste expediente foi enviado ao DOUE o 23 de marzo de 2016.

Expediente nº: 2016/CSUA1/000003.

Obxecto: subministración de gas natural para as instalacións da USC.

Localidade: Santiago de Compostela e Lugo.

Provincia: A Coruña e Lugo.

Importe de licitación: 1.455.307,14 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 43.659,21 euros.

Prazo de execución: un ano.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

O anuncio deste expediente foi enviado ao DOUE o 23 de marzo de 2016.

Expediente nº: 2016/CSUA1/000004.

Obxecto: subministración de gasóleo para as instalacións da USC.

Localidade: Santiago de Compostela, Lugo e O Courel.

Provincia: A Coruña e Lugo.

Importe de licitación: 326.792,84 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 9.803,79 euros.

Prazo de execución: un ano.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

O anuncio deste expediente foi enviado ao DOUE o 23 de marzo de 2016.

Expediente nº: 2016/CSUA1/000005.

Obxecto: subministración de oligonucleótidos de ADN con destino ao Edificio CIMUS.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 30.000 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 900 euros.

Prazo de execución: un ano.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Para este expediente non é necesario presentar o sobre B.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita os expedientes: Servizo de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: os arriba indicados.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: os arriba indicados.

b) Número de unidades que hai que entregar/executar: o especificado no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de entrega/execución: os citados anteriormente.

d) Prazo de entrega/execución: os mencionados anteriormente.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: os indicados anteriormente.

5. Garantía.

Provisional: as citadas anteriormente.

6. Obtención de documentación.

A documentación para participar no procedemento aberto poderá ser consultada ou descargada na páxina web www.usc.es/contratacion, correo electrónico mailto:contratacion@usc.es

7. Obtención de información.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Casa da Balconada, Servizo de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 881 81 12 60, 881 81 12 61, 881 81 12 63.

e) Fax: 881 81 13 66.

f) Dirección web: www.usc.es/contratacion

g) Data límite de obtención de documentos e información:

– 2016/CSEA1/000003 e 2016/CSUA1/000005: 14.00 horas do 15 de abril de 2016.

– 403/16: 14.00 horas do 26 de abril de 2016.

– 2016/CSUA1/000002, 2016/CSUA1/000003 e 2016/CSUA1/000004: 14.00 horas do 4 de maio de 2016.

8. Requisitos específicos dos contratistas.

Clasificación: non se exixe.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación:

– 2016/CSEA1/000003 e 2016/CSUA1/000005: 14.00 horas do 15 de abril de 2016.

– 403/16: 14.00 horas do 26 de abril de 2016.

– 2016/CSUA1/000002, 2016/CSUA1/000003 e 2016/CSUA1/000004: 14.00 horas do 4 de maio de 2016.

b) Documentación que hai que presentar: a citada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Reitoría).

Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

Ou en:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Edificio Servizos Administrativos-Biblioteca Intercentros, polígono de Fingoi, s/n).

Domicilio: Campus Universitario.

Código postal e localidade: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

e) Admisión de variantes: non.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela. Casa da Balconada.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora:

– 2016/CSUA1/000005: sobre C: 13.00 horas do 27 de abril de 2016.

– 2016/CSEA1/000003: sobre B: 13.00 horas do 27 de abril de 2016; sobre C: 13.00 horas do 10 de maio de 2016.

– 403/16: sobre B: 13.00 horas do 10 de maio de 2016; sobre C: 13.00 horas do 24 de maio de 2016.

– 2016/CSUA1/000002, 2016/CSUA1/000003 e 2016/CSUA1/000004: sobre B: 13.00 horas do 18 de maio de 2016; sobre C: 13.00 horas do 1 de xuño de 2016.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2016

P.D. (Resolución do 14.3.2016)
María Teresa Angulo Carballal
Vicexerenta de Asuntos Económicos