Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 31 de marzo de 2016 Páx. 11705

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2016 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento ordinario 72/2016, interposto por María Manuela Pinazas Rego, Marta Balado Tarrela e José Manuel Portela Fernández.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña tramítase o recurso contencioso-administrativo PO número 72/2016, interposto por María Manuela Pinazas Rego, Marta Balado Tarrela e José Manuel Portela Fernández contra a Resolución do xerente da Universidade da Coruña, do 23 de decembro de 2015, sobre comisións de servizos derivadas do proceso de funcionarización que finalizan en xaneiro de 2016.

Notifícase isto para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña como demandadas no prazo de nove días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 14 de marzo de 2016

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña