Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx. 11511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se notifica a resolución das solicitudes de subvención desestimadas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2015 (Diario Oficial de Galicia número 12, do 20 de xaneiro de 2015).

O día 20 de xaneiro de 2015, a Consellería do Medio Rural e do Mar publicou a Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2015.

Segundo o establecido no número 5 do artigo 8 sobre a instrución e resolución de expedientes, «Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. De conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da indicada lei, a notificación realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida, a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación e expresarán, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, o órgano administrativo ou xudicial ante o cal se deben presentar e o prazo para interpoñelos; ademais, reflectirá que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader e o eixe prioritario do programa de desenvolvemento rural de que se trata. O órgano competente poderá substituír esta publicación no Diario Oficial de Galicia e na web, pola notificación individualizada, de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992.».

Esta orde enmárcase no Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2007-2013, aprobado por Decisión C (2008) 703 da Comisión, do 15 de febreiro de 2008, dentro do eixe 2 e a medida 2.2.6. (recuperación do potencial forestal e implantación de medidas preventivas) e, ademais, dado o seu enfoque á prevención de incendios, encádrase como medida horizontal dentro do Marco nacional de desenvolvemento rural.

Notifícase que, con data do 23 de abril de 2015, a conselleira do Medio Rural e do Mar, por delegación no secretario xeral do Medio Rural e Montes, resolveu aprobar as axudas a un conxunto de solicitudes segundo a Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común. A dita concesión foi comunicada aos beneficiarios mediante notificación individualizada.

Posteriormente, con data do 16 de xullo de 2015 publicábase (DOG nº 133) a Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2015.

A dita ampliación posibilitaba unha nova concesión daquelas axudas que non se puideron conceder por limitación de crédito orzamentario. Con data do 14 de agosto de 2015, novamente a conselleira do Medio Rural e do Mar, por delegación no secretario xeral do Medio Rural e Montes, concedía resolver novas axudas. A dita concesión foi comunicada aos beneficiarios mediante notificación individualizada.

Realizada a preceptiva notificación daquelas axudas concedidas, cabe, consonte co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificar a desestimación daquelas axudas non concedidas, especificando o beneficiario, a cantidade solicitada, a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación.

A dita orde tiña como obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común e as súas agrupacións poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas recollidas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2015 en réxime de concorrencia competitiva. Establécense dúas finalidades de subvencións:

a) Liña I: subvencións para o control selectivo de combustible (código de procedemento MR651A).

b) Liña II: subvencións para a construción de puntos de auga (código de procedemento MR651B).

Ademais, o artigo 5, titulado «Condicións xerais e técnicas do investimento», establecía as obrigas que os interesados debían cumprir para atoparse en condicións de ser beneficiarios da axuda.

O anexo I relaciona a listaxe daquelas axudas solicitadas que foron desestimadas; esta listaxe atópase na páxina web da Consellería do Medio Rural.

Contra esta resolución de desestimación cabe a interposición de recurso potestativo de reposición, ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo cos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Dirección xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO I
Listaxe de solicitudes de axuda desestimadas para a súa aprobación segundo
a Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia
2007-2013 e se convocan para o ano 2015

Expediente

NIF solicitante

Solicitante

Tipo exp.

Descrición incidencia

02150002/2015

E15336506

CMVMC Marina Calzada e Agre

L1

Débeda coa AEAT

02150003/2015

E15258494

CMVMC do Gato, Pena Blanca e outros

L1

Débeda coa AEAT

02150021/2015

V15420938

CMVMC de Asados

L1

Documentación incompleta, débeda coa AEAT, hai CMVMC/mancomunidades non legalmente constituídas

02150023/2015

V15562952

CMVMC de Burés

L1

Documentación incompleta, hai CMVMC/mancomunidades non legalmente constituídas

02150036/2015

V15654841

CMVMC Cures e Mouzo

L1

Hai CMVMC/mancomunidades non legalmente constituídas

02150047/2015

V15607906

CMVMC Suevos

L1

Documentación incompleta

02150052/2015

V70400643

CMVMC Penafesa e Marola

L1

Documentación incompleta, hai CMVMC/mancomunidades consorciadas

02150053/2015

V15663370

CMVMC Vilouriz

L1

Documentación incompleta, hai CMVMC/mancomunidades consorciadas

02150059/2015

V15070238

CMVMC Olveira

L1

Débeda coa Xunta

02270025/2015

V27219245

CMVMC de Folgueiroa

L1

A suma das porcentaxes de execución dos traballo (% E.T.) dos beneficiarios non é do 100 %, a suma das porcentaxes das axudas percibibles para cada beneficiario non é do 100 %

02270043/2015

G27260744

CMVMC de Allonquiña

L1

Documentación incompleta

02270055/2015

V27260504

CMVMC Faro de Esmeriz

L1

Documentación incompleta

02270056/2015

V27271865

CMVMC Cabanelas, Pomes e Vilardonas

L1

Documentación incompleta

02270062/2015

V27356617

CMVMC de Campodola

L1

Documentación incompleta

02270066/2015

V27179928

CMVMC de Sampaio e Santiago Cangas

L1

Documentación incompleta

02270090/2015

E27233725

CMVMC A Seara

L1

Documentación incompleta

02270101/2015

V27202126

CMVMC Lama Grande e outros

L1

Documentación incompleta

02270120/2015

E27121797

CMVMC de Pena

L1

Documentación incompleta

02270121/2015

V27130129

CMVMC de Santa María Alta

L1

Documentación incompleta

02270141/2015

V27133891

CMVMC de Trasmonte

L1

Documentación incompleta

02270154/2015

V27118991

CMVMC Loentia

L1

Documentación incompleta

02270159/2015

V27038579

CMVMC Coto da Cal e Couce de Vigo

L1

Documentación incompleta

02270165/2015

V27133180

CMVMC Trasparga

L1

Documentación incompleta

02270172/2015

V27354281

CMVMC do Seixo Grande

L1

Documentación incompleta, representante non cuberto, non se cumpre o mínimo de membros da agrupación, non se detallou ningunha actuación para o expediente

02270173/2015

E27127992

CMVMC de Castelo

L1

Documentación incompleta, hai actuacións para as cales non se alcanza o mínimo de unidades na campaña 2015

02320001/2015

V32240996

CMVMC de Leboreiron

L1

Documentación incompleta

02320009/2015

V32225104

CMVMC Serra San Mamede

L1

Documentación incompleta

02320014/2015

V32208779

CMVMC Monte Baixo da Fraga

L1

Documentación incompleta

02320020/2015

V32170813

CMVMC de Reparade

L1

Documentación incompleta

02320021/2015

V32337404

CMVMC de Meaus e Pico de Molín

L1

Débeda coa AEAT

02320026/2015

E32130593

CMVMC Moreiras e Trelle

L1

Documentación incompleta

02320033/2015

V32026411

CMVMC Serra de Queguas

L1

Documentación incompleta

02320043/2015

V32186496

CMVMC Montes do Rosal

L1

Documentación incompleta

02320060/2015

V32208399

CMVMC de Serra de Abaixo

L1

Documentación incompleta

02320067/2015

V32231391

CMVMC de San Tirso

L1

Documentación incompleta

02320075/2015

V32171639

CMVMC Borran

L1

Documentación incompleta

02320088/2015

V32362048

CMVMC Gudín (Serra Larouco)

L1

Documentación incompleta

02320090/2015

V32168296

CMVMC Laza Souteliño e Cimadevila

L1

Documentación incompleta

02320104/2015

E32240749

CMVMC Sas do Monte

L1

Documentación incompleta

02320111/2015

E32241986

CMVMC de Santo Tomé de Calvelo

L1

Documentación incompleta

02320115/2015

V32182784

CMVMC Güimil, Revolta e outros

L1

Documentación incompleta

02320121/2015

V32337784

CMVMC Ricovanca

L1

Documentación incompleta

02320124/2015

V32333080

CMVMC de Parafita

L1

Documentación incompleta

02320127/2015

E32239725

CMVMC Rubillón

L1

Documentación incompleta

02320138/2015

V32295636

CMVMC de Estevesiños

L1

Documentación incompleta

02320143/2015

V32229221

CMVMC de Zapeaus

L1

Documentación incompleta

02320145/2015

V32336083

CMVMC Dehesa, Castelo e Zureira

L1

Documentación incompleta

02320158/2015

V32337164

CMVMC Bozqueimado, Casteligo, Celeiros, A Ventosa e Lamas

L1

Documentación incompleta

02320169/2015

E32133779

CMVMC Veciños de Rubiana

L1

Documentación incompleta

02320180/2015

E32256471

CMVMC Carballal de Lobos

L1

Documentación incompleta

02320204/2015

V32155962

CMVMC de Riomao, Biduedo e Serra do Eixe

L1

Documentación incompleta

02320215/2015

V32278046

CMVMC Parroquia de Vila

L1

Documentación incompleta

02320218/2015

V32201881

CMVMC de Moldes

L1

Documentación incompleta

02320226/2015

V32243941

CMVMC Santa Mª de Cexo

L1

Documentación incompleta

02320230/2015

E32271447

CMVMC de Pousada, Coto da Formiga, Novas, Penedo

L1

Documentación incompleta

02320239/2015

V32224925

CMVMC Touros

L1

Documentación incompleta

02320241/2015

V32267270

CMVMC Pazos (Picouto, Lobego-Trabancas)

L1

Documentación incompleta

02320242/2015

E32318917

CMVMC O Bouzo (Cairo e Ribeira)

L1

Documentación incompleta, solicitante/membros de agrupación noutro expediente do mesmo tipo

02320244/2015

V32407603

CMVMC de Alén

L1

Documentación incompleta

02320246/2015

E32267080

CMVMC As Chedas

L1

Documentación incompleta

02320247/2015

V32267882

CMVMC Nogueira

L1

Documentación incompleta

02320252/2015

G32384976

CMVMC Garabelos (Cornocide e Camiño de Nigueiroá)

L1

Documentación incompleta

02320257/2015

E32346587

CMVMC Carballeira, Goterre.... (Amoroce)

L1

Documentación incompleta

02320263/2015

V32403529

CMVMC Cortegazas

L1

Documentación incompleta

02320265/2015

V32303042

CMVMC Acevedo

L1

Documentación incompleta

02320284/2015

V32215212

CMVMC A Fenteira de Puga

L1

Documentación incompleta

02320286/2015

V32030744

CMVMC Agrela de Alongos

L1

Documentación incompleta

02320289/2015

V32307423

CMVMC Lazpedo, Cebreiro e Veiga

L1

Documentación incompleta

02320290/2015

V32241457

CMVMC Arruas

L1

Documentación incompleta

02320304/2015

V32244386

CMVMC Ermida

L1

Documentación incompleta, solicitante/membros de agrupación noutro expediente do mesmo tipo

02320305/2015

V32460537

CMVMC de Moialde

L1

Documentación incompleta

02150001/2015

E15672348

CMVMC Capela

L2

Documentación incompleta, hai CMVMC/mancomunidades consorciadas

02270145/2015

V27165711

CMVMC de Furís

L2

Hai CMVMC/mancomunidades non legalmente constituídas

02270150/2015

V27354281

CMVMC do Seixo Grande

L2

Documentación incompleta, representante non cuberto, non se cumpre o mínimo de membros da agrupación, non se detallou ningunha actuación para o expediente

02320167/2015

V32208399

CMVMC de Serra de Abaixo

L2

Documentación incompleta

02320175/2015

V32030744

CMVMC Agrela de Alongos

L2

Documentación incompleta

02320235/2015

V32267270

CMVMC Pazos (Picouto, Lobego-Trabancas)

L2

Documentación incompleta