Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución ditada o 9 de febreiro de 2016 pola directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica no expediente administrativo núm. 2015/36/7, pola que se acorda o reintegro da compensación económica percibida indebidamente, notifícaselle a Iliana Pequeño Barrios a dita resolución mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias do Servizo de Protección de Menores situado na rúa San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.
Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, se non exerce o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da dita publicación (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2016
María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica