De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 59.5 desta lei, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2; Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
A Coruña, 16 de marzo de 2016
Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: INC-CO-0126-2014 BIO.
Denunciada: Isomán, S.L.
Acto de notificación: imposición da oitava multa coercitiva.