Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx. 11528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 26 de febreiro de 2016, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica aos interesados a resolución de concesión de subvención do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

En cumprimento do establecido nos artigos 58, 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, mediante esta cédula notifícaselles ás persoas interesadas, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, a resolución de concesión de subvención do programa de axudas ao alugamento Plan estatal 2013-2016.

Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo desta cédula, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situadas na rúa Sáenz Díez, núm. 1, 32003 de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas interesadas que a resolución relacionada no anexo non pon fin á vía administrativa e que poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes (artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento común) a partir do día seguinte ao da súa notificación.

A eficacia desta cédula quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 26 de febreiro de 2016

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 201532ALUG01119Q.

Nome e apelidos: Gador María Regueira Lavandeira.

DNI/NIE: 53308287Z.

Enderezo: avenida de Zamora, núm. 79, 3º B.

CP: 32005.

Concello: Ourense.

Trámite: resolución de concesión de subvención.

Expediente: 201532ALUG00252T.

Nome e apelidos: Florentina Laura Durac.

DNI/NIE: Y1242626L.

Enderezo: rúa Coruña, núm. 5, 4º esq.

CP: 32005.

Concello: Ourense.

Trámite: resolución de concesión de subvención.