Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx. 11525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2016 pola que se fai pública a formalización do acordo marco con varios empresarios, e dos contratos derivados del, para o servizo consistente na realización de traballos de control sobre o terreo, de admisibilidade e condicionalidade, en axudas directas da política agrícola común (PAC) e de desenvolvemento rural, baseadas en superficies, correspondentes á campaña 2015-2016.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do acordo marco e dos contratos derivados que se relacionan a continuación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do Fogga; rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela.

c) Número de expediente: PA 1/2015.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: traballos de control sobre o terreo de admisibilidade e condicionalidade en axudas directas da política agrícola común (PAC) e de desenvolvemento rural baseadas en superficies, correspondentes á campaña 2015-2016.

c) División por lotes:

Lote I: provincia de Lugo.

Lote II: provincia da Coruña.

Lote III: provincia de Ourense.

Lote IV: provincia de Pontevedra.

d) CPA: 711234.

e) CPV: 71332000.

f) Acordo marco: si.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE, plataforma de contratación pública de Galicia e perfil do contratante

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): 16 de xullo de 2015.

Data de publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE): 3 de agosto de 2015.

Data de publicación no Diario Oficial de Galicia: 10 de agosto de 2015.

Data de publicación plataforma de contratación pública de Galicia e no perfil do contratante: 21 de xullo de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do acordo marco: un millón novecentos setenta e dous mil setecentos noventa e nove euros con corenta e oito céntimos (1.972.799,48 €), IVE excluído. Inclúe as dúas anualidades do contrato e as posibles prórrogas.

5. División por lotes, estimación económica anual (IVE excluído):

Lote I: provincia de Lugo: 247.564,77 €.

Lote II: provincia da Coruña: 113.794,20 €.

Lote III: provincia de Ourense: 81.971,77 €.

Lote IV: provincia de Pontevedra: 49.869,13 €.

6. Formalización dos contratos.

a) Data de formalización do acordo marco: 23.11.2015.

b) Data de formalización dos contratos derivados: 22.12.2015.

c) Adxudicatarios e importe de adxudicación (IVE excluído).

Lote nº 1: cento dous mil setecentos cincuenta e tres euros con cinco céntimos (102.753,05 €).

Adxudicataria: Proyestegal, S.L.

Lote nº 2: corenta e cinco mil seiscentos sesenta euros con sesenta e dous céntimos (45.660,62 €).

Adxudicataria: Ela, Ingeniería y Medio Ambiente, S.L.

Lote nº 3: trinta e tres mil novecentos vinte e seis euros con trinta céntimos (33.926,30 €).

Adxudicataria: Esproagro Enxeñería, S.L.

Lote nº 4: vinte mil novecentos trinta e tres euros con trinta e un céntimos (20.933,31 €).

Adxudicataria: Esproagro Enxeñería, S.L.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2016

Belén María do Campo Piñeiro
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria