Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx. 11530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 17 de novembro de 2015, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a modificación da concesión administrativa outorgada a Talleres Cillero, S.A.L. con destino á construción e explotación dunha nave para reparación de buques no porto de Burela, para autorizar o novo uso de construción de buques.

Alberto Santos Vázquez con DNI 76557013-H, actuando en nome e representación de Talleres Cillero, S.A.L. presenta un escrito de solicitude de modificación da concesión administrativa outorgada con destino á construción e explotación dunha nave para reparación de buques no porto de Burela, para autorizar o novo uso de construción de buques.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na r/ Nicomedes Pastor Díaz nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 17 de novembro de 2015

Antonio López Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Norte