1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Consellería de Sanidade.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.
4º. Teléfono: 881 54 27 87.
5º. Telefax: 881 54 27 62.
6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
d) Número de expediente: MS-CON1-16-003.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: adquisición de reactivos, medios de cultivo e elementos accesorios necesarios para a realización das analíticas de augas que realice o Laboratorio de Saúde Pública de Galicia da Consellería de Sanidade para o desenvolvemento do proxecto de solucións sustentables para pequenas subministracións de auga, subvención Life 12 ENV/ES/000557, concedida pola UE ao Concello de Abegondo e aos seus beneficiarios asociados: augas de Galicia e a Consellería de Sanidade.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/10.
d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 31 de decembro de 2016.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 33696500-0 e 33698100-0.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:
Concepto |
Puntos |
Criterios valorables de forma automática (sobre B) |
|
Oferta económica Prazo de entrega |
0-90 0-10 |
4. Valor estimado do contrato: 64.848,07 euros.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 54.040,06 euros. Importe total: 65.388,47 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe de licitación, excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver números 16 e 17 da folla de especificacións.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Sé o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.
c) Admisión de variantes, de proceder: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.
c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatarios.
11. Outras informacións: ver número 28 da folla de especificacións.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2016
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos