Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2016 pola que se corrixen erros no anuncio de licitación para a contratación do servizo de limpeza respectuoso co ambiente e coa seguridade e saúde laboral nos centros e instalacións desta universidade-2 lotes (expediente 301/16).

Con data do 19 de febreiro de 2016, este órgano de contratación ditou unha resolución reitoral pola que se ordenaba o inicio do expediente de contratación para a adxudicación do contrato arriba indicado. Ao citado expediente engadíronse o prego tipo de cláusulas administrativas particulares, sometido a informe da asesoría xurídica, e o prego de prescricións técnicas. O expediente recibiu informe favorable, na fase de fiscalización previa, polo servizo de control interno. Con data do 25 de febreiro de 2016, este órgano de contratación resolveu aprobar o gasto, o expediente de contratación, o prego de cláusulas administrativas particulares e o anexo de prescricións técnicas, nas condicións indicadas na folla resumo de características (FRC) do prego.

Con data do 8 de marzo de 2016, detectouse un erro na folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de servizos por procedemento aberto, que afecta o importe de licitación do lote 1 e á documentación que se incluirá no sobre A referido a ese lote: Campus das Lagoas-Marcosende. Ámbito xurídico social: Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Facultade de CC.EE. e Facultade de Filoloxía e Tradución.

Por todo o exposto, este órgano de contratación, no exercicio das competencias que ten atribuídas, acorda ditar a seguinte resolución:

Primeiro. De acordo co disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común «As administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos». Polo tanto, corríxese a folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares deste expediente de contratación da seguinte maneira:

No número 4, onde di: «importe de licitación (sen IVE). Lote 1: 620.000 €. Total: 780.000 €. Importe do IVE para soportar. Lote 1: 130.200 €. Total: 163.800 €. Importe total, IVE incluído. Lote 1: 750.200 €. Total: 943.800 €. Anualidades (IVE incluído). 2016 (6 meses). Lote 1: 187.550 €. Total: 284.350 €. 2017 (lote 1: 12 meses). Lote 1: 375.100 €. Total: 471.900 €. 2018 (6 meses). Lote 1: 187.500 €. Total: 187.500 €»; debe dicir: «importe de licitación (sen IVE). Lote 1: 1.240.000 €. Total: 1.400.000 €. Importe do IVE para soportar. Lote 1: 260.400 €. Total: 294.000 €. Importe total, IVE incluído. Lote 1: 1.500.400 €. Total: 1.694.000 €. Anualidades (IVE incluído). 2016 (6 meses). Lote 1: 375.100 €. Total: 471.900 €. 2017 (lote 1: 12 meses). Lote 1: 750.200 €. Total: 847.000 €. 2018 (6 meses). Lote 1: 375.100 €. Total: 375.100 €».

No número 4, onde di: «Valor estimado do contrato: 1.560.000 €»; debe dicir: «Valor estimado do contrato: 2.800.000 €».

Segundo. Acórdase modificar os anexos A-III (solvencia económica e financeira) e A-IV (solvencia técnica e profesional) para adaptalos aos cambios efectuados na folla resumo de características que incumben ao lote 1.

Terceiro. Acórdase publicar un anuncio rectificativo de licitación nos boletíns oficiais que correspondan, concédese un novo prazo de presentación de ofertas que remata o día 20 de abril de 2016, ás 14.00 horas, e modifícase a documentación descrita nos ordinais primeiro e segundo desta resolución que se incorpora ao perfil do contratante da Universidade de Vigo.

Vigo, 21 de marzo de 2016

P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo