Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 14 de marzo de 2016 pola que se notifica proposta de resolución de procedemento administrativo sancionador devolto polo servizo de Correos por non ser posible a notificación (expediente 12-07-16-01).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cuxos datos persoais e último domicilio coñecido no anexo se mencionan, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG núm. 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

O pagamento voluntario porá fin ao expediente. O importe da sanción que corresponda farase efectivo mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), usando o modelo de impreso que se lle facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera destas entidades bancarias.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido e firmo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2016

Jesús Javier Fernández Barro
Xefe da División Xurídica

ANEXO

Expediente

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-porto

Precepto
infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-07-16-01

Xefatura de Zona

María Teresa González Barcia

R/ Contramaestre Casado, nº 3, 2º A, 15620 Mugardos

(A Coruña)

Atracada sen autorización.

28.10.2015; Mugardos

(A Coruña)

Arts. 306.1.a) e b) RD 2/2011 TRLPEMM

Art. 78.7

OM 12.6.1976

Art. 312 RD 2/2011 TRLPEMM

600 €