Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2016 pola que se procede á corrección da Resolución do 1 de marzo de 2016 pola que se anunciaba procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da obra do edificio do Campus da Auga no Campus Universitario de Ourense (expediente 400/16).

Advertido un erro no número 9 da folla resumo de características (FRC) do prego de cláusulas administrativas particulares e no anuncio do DOG núm. 47, do 9 de marzo de 2016, procédese á súa corrección nos termos que se indican:

No número 9 da FRC, onde di: «categoría D»; debe dicir: «categoría E».

No número 7.a) do anuncio de licitación, onde di: «categoría D»; debe dicir: «categoría E».

Así mesmo, acórdase ampliar o prazo de presentación de ofertas ata o vixésimo sexto día natural seguinte ao da publicación desta corrección no DOG.

Vigo, 21 de marzo de 2016

P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo