Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11219

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de aclaración de sentenza (1070/2014).

SSS. Seguridade Social 1070/2014

Procedemento de orixe: sobre seguridade social

Demandante: Fraternidad Muprespa, Mutua de Trabajo y Accidentes Profesionales de la Seguridad Social

Avogado: Carlos Enrique Ojea Carballeira

Demandados: Consignaciones Barbanza, S.L., Underwater Contractors Spain, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 61, Instituto Nacional de la Seguridad Social, Germán Muñiz Vázquez, Diving Consultancy, S.L., Helioxcom Buceo Profesional, S.L., Obras Marítimas y Submarinas Draga, Técnica e Ingeniería Suba, S.A., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Madasa Estructuras y Construcciones, S.L. e Galacuatic, S.L.

Edicto.

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 1070/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fraternidad Muprespa, Mutua de Trabajo y Accidentes Profesionales de la Seguridad Social contra Consignaciones Barbanza, S.L., Underwater Contractors Spain, S.L., Galacuatic, S.L. e outros, sobre seguridade social, se ditou auto de aclaración de sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que debo rectificar a sentenza ditada nas presentes actuacións o pasado día 21 de xaneiro de 2015, no sentido fixado no fundamento de dereito segundo da presente resolución, e queda redactado o seu fundamento de dereito cuarto, no seu penúltimo parágrafo, na forma que se especificará. Mantense integramente o restante contido:

“... os cales, tendo en conta que a base reguladora é de 3.597 € mensuais, e a prestación ascende ao 55 % dela, supón a obriga de aboamento da cantidade mensual de 1.978,35 € que, distribuída nas porcentaxes antes fixadas, supón a contía mensual de 996,89 € con cargo a Fraternidad Muprespa, 633,07 € con cargo a Mutua Gallega, 201,99 € con cargo a Mutua Fremap, e 146,20 € con cargo ao Instituto Nacional da Seguridade Social ...”.

Notifíquese esta resolución ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún distinto do recurso de suplicación que, se é o caso, se formule contra a sentenza, cuxo prazo de anuncio computará desde a notificación da presente resolución. Así, por este auto, mándoo e asínoo, a maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Obras Marítimas y Submarinas Draga, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de marzo de 2016

A secretaria xudicial