Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11218

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1004/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1004/2011 por instancia de María del Carmen Pérez Martelo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, as empresas Industrias Bejoan e Industrias Rodino, Marcelino Rodríguez Freijido, ao cal sucede a súa filla Ana Patricia Rodríguez Vázquez, sobre xubilación, nos cales se ditou sentenza o 26.2.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Desestímase a demanda interposta por María del Carmen Pérez Martelo fronte a Industrias Bejoan, Industrias Rodino, Marcelino Rodríguez Freijido, sucedido por Ana Patricia Rodríguez Vázquez, e o Instituto Nacional da Seguridade Social, e absólvense as devanditas entidades e persoas das pretensións exercidas fronte a elas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Industrias Bejoan e á empresa Industrias Rodino expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de marzo de 2016

A secretaria xudicial