Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11216

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra

EDICTO (81/2015).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento ordinario 81/2015, seguido por instancia de Recreativos Mafari, S.A. contra Jorge y Juan, C.B., Juan Rodríguez Garea, Jorge Freire Balea, e ditouse a seguinte resolución:

Sentenza 13/2016

Pontevedra, vinte e nove de xaneiro de dous mil dezaseis.

María Ángeles González de los Santos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra, despois de ver os presentes autos de xuízo ordinario 81/2015, seguidos por instancia de Recreativos Mafari, S.A., representada polo procurador Pedro Sanjuán Fernández e defendidos polo letrado José Cuíñas Rodríguez, contra Jorge y Juan Comunidad de Bienes, contra Juan Rodríguez Garea e contra Jorge Freire Balea, todos eles en situación procesual de rebeldía, ditou, en nome do rei, a seguinte

Decisión:

Que estimando a demanda presentada polo procurador Pedro Sanjuán Fernández, en nome e representación de Recreativos Mafari, S.A., contra Jorge y Juan Comunidad de Bienes, contra Juan Rodríguez Garea e contra Jorge Freire Balea, todos eles en situación procesual de rebeldía, debo:

1º. Declarar resolto o contrato subscrito o 2 de abril de 2013 entre Recreativos Mafari, S.A. e Jorge y Juan Comunidad de Bienes, no cal interviñeron como avalistas solidarios Juan Rodríguez Garea e Jorge Freire Balea.

2º. Condenar solidariamente a Jorge y Juan Comunidad de Bienes, a Juan Rodríguez Garea e a Jorge Freire Balea a pagar a Recreativos Mafari, S.A. a cantidade de 15.334.9 euros.

As custas procesuais impóñenselle á parte demandada.

Notifíqueselles a presente demanda ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poden interpor recurso de apelación, que se formalizará por escrito ante este xulgado dentro do prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación, logo de depósito da cantidade de 50 euros na conta de consignacións e depósitos deste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Pontevedra, 29 de febreiro de 2016

O/a secretario/a xudicial