Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 14 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se notifican as resolucións ditadas nas reclamacións de responsabilidade patrimonial devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente RP/13/00149 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións ditadas na reclamación de responsabilidade patrimonial devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no complexo administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.

Fáiselle saber que contra a devandita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso; sen prexuízo de que, con carácter previo e potestativo, poida presentar recurso de reposición ante a Consellería de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación.

Interesado: UTE Covi Coruña Sur; expediente: RP/13/00149; tipo de resolución: desestimatoria.

Interesado: UTE CRC Obras y Servicios, S.L.-Const. Ramón Vázquez y Reino, S.L.; expediente: RP/14/00397; tipo de resolución: desestimatoria.

E para que conste e sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda