Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 29 de febreiro de 2016, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-01194-O-2015 e cinco máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial de Lugo ditou a resolución dos expedientes sancionadores número LU-01194-O-2015 e outros cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditados ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade de Lugo.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 29 de febreiro de 2016

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-01194-O-2015

4825-FSL

Garda Civil 2704 I64330I

Souto Míguez, Óscar Javier

52936152L

Avenida Constitución, 00033, 1 I

15930 Boiro (A Coruña)

O exceso igual ou superior ao 2,5 % e inferior ao 10 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso superior ao 2,5 %.

6.7.2015; 17.44; N-VI; 543,8

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

LU-01316-O-2015

1990-BKN

Garda Civil 2701 Y72930J

Logitrans 2012, S.L.

B24641052

r/ El Ferrocarril, 1

24560 Toral de los Vados (León)

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

30.7.2015; 10.30; A-6; 593,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

LU-01352-O-2015

1232-CCL

Garda Civil 2704 I64330I

Dahlia Nerine, S.L.

B66154683

Praza da Galeguidade, 00003 B

27836 Muras (Lugo)

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

7.7.2015; 11.40; AG-64; 55,9

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

LU-01363-O-2015

9866-DMN

Garda Civil 2701 C30220X

Entedesa Desinfección, S.L.

B27383132

San Martiño de Guillar, 3, nave 3

27150 Outeiro de Rei (Lugo)

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 13 %.

19.8.2015; 19.59; LU-115; 0,8

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

400 euros

LU-01465-O-2015

M-2384-LX

Garda Civil 2701 C30220X

Aipra Sistemas, S.L.

B81784233

Sierra de Gredos (plg. ind. Codein Uno), 13

28946 Fuenlabrada (Madrid)

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 9 %.

21.9.2015; 9.23:00

N-120 498,1

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

350 euros

LU-01749-O-2015

O-0453-CC

Garda Civil 2704 B21919V

Ramudo Import, S.L.U.

B27372036

r/ Manuel María, 6, 1º C

27003 Lugo

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

1.9.2015; 18.32; A-5; 515,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros