Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 11012

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (50/2015).

María Regina Domínguez Cougil, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 50/2015 seguido por instancia de Jorge Feijoo González fronte a Víctor Cantón Vázquez ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza

Ourense, 29 de xaneiro de 2016.

Vistos por María del Pilar Domínguez Comesaña, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, os presentes autos de xuízo ordinario, rexistrados con número 50/2015, seguidos por iniciativa de Jorge Feijoo González, quen actúa representado pola procuradora María Luisa González Mascareñas e defendido polo letrado Jaime Benito Gutiérrez, fronte a Víctor Cantón Vázquez, en situación de rebeldía procesual. Versan os presentes autos sobre reclamación de cantidade.

Decido que, estimando a demanda interposta pola procuradora María Luisa González Mascareñas, en representación de Jorge Feijoo González, contra Víctor Cantón Vázquez, condénase o devandito demandado a aboar ao demandante a cantidade de 11.242,50 euros en concepto de principal e, en concepto de indemnización por demora, o xuro legal desde a data de presentación da petición de xuízo monitorio do cal deriva este procedemento e ata a data desta sentenza, a partir da cal o xuro será o previsto no artigo 576 da LAC.

As custas impóñense ao demandado.

Notifíquese a presente resolución ás partes e advírtase que esta non é firme. Contra a sentenza pode interpoñerse recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma indicada no artigo 458 da LAC. Indíquese á demandada que non se admitirá a trámite o recurso se ao interpoñelo non acredita documentalmente ter constituído o depósito que para recorrer exixe a LOPX así como, se é o caso, ter liquidado a taxa xudicial creada pola Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así por esta sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E encontrándose o devandito demandado, Víctor Cantón Vázquez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 1 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza