1. Entidade adxudicadora: Fundación Deporte Galego.
2. Obxecto do contrato:
– Tipo de contrato: servizos.
– Descrición do obxecto: contrato do servizo de mantemento básico e limpeza do Complexo Deportivo de Monterrei para a campaña de verán 2016 (O Pereiro de Aguiar, Ourense).
– Prazo de execución: catro meses desde a formalización do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
– Tramitación: ordinaria.
– Procedemento e forma de adxudicación: aberto con pluralidade de criterios.
4. Orzamento base de licitación:
– Importe sen IVE: 66.522,03 euros.
– IVE (21 %): 13.969,63 euros.
– Importe total: 80.491,66 euros, IVE incluído.
5. Garantías:
– Definitiva: ver número 6 do prego de condicións particulares.
6. Obtención da documentación: na sede da Fundación Deporte Galego, edificio da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa Madrid, 2-4, 2ª planta. 15707 Santiago de Compostela, ou nas seguintes páxinas web: contratosdegalicia.es e deporte.xunta.gal. Teléfono: 881 99 63 73.
7. Presentación das ofertas:
– Data límite de presentación: o prazo para a presentación das proposicións finalizará o décimo quinto (15º) día natural posterior ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, a hora de peche do Rexistro será ás 14.00 horas. No caso de que o último día for sábado ou inhábil, prorrogarase o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
– Lugar de presentación: na sede da Fundación Deporte Galego. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 3.4ª do prego de condicións particulares.
– Documentación que deben presentar: a estipulada no prego de condicións particulares.
– Criterios de adxudicación: os que figuren no prego de condicións particulares.
8. Apertura das proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar na sala de xuntas da Fundación Deporte Galego, na data e hora que serán anunciadas, con tres días hábiles de antelación aos da súa realización, no perfil do contratante: contratosdegalicia.es e deporte.xunta.gal.
9. Gasto do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2016
José Ramón Lete Lasa
Presidente da Fundación Deporte Galego